A Xunta premia coa Medalla de Galicia 2020 só ao persoal sanitario que loitou contra a Covid-19

"Está dirixida a aqueles que puxeron a súa vida a disposición de Galicia", di Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O persoal sanitario que loitou contra o Covid-19, desde médicos a enfermeiros a traballadores de mantemento e limpeza en hospitais e residencias, recibirán a única Medalla de Galicia que se outorga este ano.

Así o anunciou o presidente autonómico en funcións, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta celebrada este venres. Deste xeito, a máis alta distinción da autonomía galega --que se entrega o vindeiro venres 24 de xullo-- recae este ano no persoal sanitario de hospitais, centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados que traballou en primeira liña durante os últimos meses na atención a pacientes infectados co virus.

En palabras de Núñez Feijóo, a medalla está dirixida "a aqueles que puxeron a súa vida a disposición de Galicia" para coidar aos galegos durante estes meses e os que veñen. "Queremos honrar ás persoas que nos coidaron", suliñou.

Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA/UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo / Europa Press
Profesionais sanitarios traballan nun hospital. FRANCISCO HAVIA/UNIVERSIDADE DE VIGO - Arquivo / Europa Press

ÚNICA MEDALLA

Así as cousas, na cerimonia do próximo venres 24 de xullo só entregarase unha condecoración, algo que non ocorre desde hai doce anos, cando a Editorial Galaxia recibiu a única Medalla de Galicia adxudicada en 2008.

Seis anos máis tarde, a máis alta distinción da Comunidade autónoma, do mesmo xeito que este ano, tamén foi concedida en colectivo. En 2014 a Xunta outorgou a Medalla de Galicia ás vítimas do accidente do Alvia e aos veciños de Angrois, lugar do accidente ferroviario no que faleceron 80 persoas en xullo de 2013. Precisamente, desde 2014 a gala de entrega das Medallas ten lugar o 24 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta