Feijóo: "Sentímolo pero a xente terá que levar máscara cando camiñe por praias e piscinas"

A Xunta fai obrigatorio o uso da máscara en espazos publicos e privados, independentemente de que se cumpran as distancias de seguridae.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/07/2020 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia estendeu a obrigatoriedade de usar máscara en todo momento con independencia de que poida manterse a distancia de seguridade recomendada dun metro e medio. As excepcións: para persoas con problemas respitarios, para núcleos de convivientes, durante o consumo en establecementos de hostalaría, na práctica de deporte individual ao aire libre e, por último, en praias e piscinas, onde, con todo, será obrigatoria cando as persoas estean en movemento.

Tres homes protexidos con máscaras pasean pola Praia da Rapadoira en Foz. Carlos Castro - Europa Press
Tres homes protexidos con máscaras pasean pola Praia da Rapadoira en Foz. Carlos Castro - Europa Press

"Sentímolo moito pero a xente que esta en praias e piscinas e se levante a camiñar ou pasear deberá poñer a máscara", dixo o presidente galego para xustificar unha medida que xa se aplica noutras doce autonomías e que ten coma finalidade "reducir a transmisión do virus", ante a presenza de turistas doutras partes do Estado.

Trátase dunha decisión adoptada este venres polo Consello do Goberno galego, en funcións desde o pasado domingo, e da que informou o presidente electo, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo, que deu luz verde a estender a obrigatoriedade do uso de máscaras.

Ademais de universalizar a norma de usar máscara en todo momento, a Xunta de Galicia tamén recomenda evitar a organización de "festas masivas" en domicilios particulares ao longo do verán, á vez que, en palabras de Núñez Feijóo, chama ás policías municipais a velar polo cumprimento da lei que impide a celebración de "botellóns" en aras de previr contaxios.

USO XERALIZADO

Todos os expertos coinciden en que o uso xeneralizado de máscaras está a mostrarse como unha das meiddas máis eficaces para evitar a transmisión do virus", sinalou o titular da Xunta. Así as cousas, Galicia súmase ás comunidades autónomas que, ao longo das últimas semanas, decidiron estender o uso de máscaras a todos os supostos. Ata o momento, o seu emprego ao aire libre estaba vinculado á imposibilidade de gardar a distancia de seguridade dun metro e medio.

SANCIÓNS

O que non quedou concretado é o réxime de sancións. Neste sentido, o presidente galego volveu reclamar un plan de brotes estatal para que todas as autonomías "actúen coordinadamente". "Non pode ser que Galicia vaia por un lado e Asturias polo outro, ou que aquí a sanción sexa dunha maneira e noutro sitio, doutra", dixo Feijóo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 galegoexiliado

Ainda non tomou posesión, nin formou desGoberno, e xa está o socialcomunista impoñendo a ditadura bolivariana, limitando as liberdades dos cidadans en contra da constitución que tanto defenden os que se autoproclaman constitucionalistas de boquiña. Traslado de ambulancias, peche de salas de hospitais, comedeiros escolares .... xa estades a disfrutar o paraiso neoliberal-feijoniano que tan alegremente votachedes. Mágoa que os votantes "emigrados" non o poidan disfrutar.

4 7uPq

O covid é a gripe. O resto xogar a impoñer.

3 picheleiro

Vanse encargar de multar os socorristas en troques de vixilar?. É onde non hai socorristas ? E se as mascarillas non teñen efectividade por que levan con ela un mes ?

2 Arnoi

Para andar pola aldea tamén, ou polo medio do monte....DEMENCIAL!! Pura política de sometemento, sen ningún tipo de criterio

1 Ana

Señores politicos se impoñen o bozal (mascarilla) teñan a decencia de facerse responsables das consecuencas para a saude das persoas de respirar dioxido de carbono e de pagar as mascarillas a todolos cidadans. Ruina economica, control social e vacunarnos de iso vai o Coronatimo, pero pouco a pouco, a xente vai despertando. Por ultimo recomendar que vean o video subido a youtube co titulo "Las verdaderas victimas del bicho"

1 O Urco

Respirar CO2 por unha mascarilla? Pois si que tes pouca capacidade pulmonar .... Duns 15cl cálculo....

2 Atchung Babies

Recomendo non perder nin 30 segundos con este vídeo, é do chalao de Trota Poker. Miguel Bosé o seu lado é un Premio Nobel.

3 Manu73

Deixa de desinformar e dicir mentiras, a túa ignorancia é criminal e deberían voltar un comentario de merd* coma o teu