Un detido como presunto autor do incendio de Vimianzo

Os feitos sucederon mentres o home estaba a rozar e, tras saltar unha faísca, empezou a arder a zona afectada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/07/2020 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

A patrulla de Protección da Natureza de Corcubión, en colaboración coa Garda Civil da localidade, procedeu á detención e posta en liberdade á espera de xuízo, dun veciño de Vimianzo, de 22 anos, como presunto autor do incendio rexistrado na localidade.

Segundo explica a Garda Civil nun comunicado, os feitos sucederon mentres o home estaba a rozar e, tras saltar unha faísca, empezou a arder a zona afectada.

Tras iniciarse o lume, abandonou o lugar nun tractor.

A Garda Civil foi alertada por un usuario da vía, ao que lle agradece a súa rápida colaboración.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta