Segue estabilizado o lume de Rubiá mentres quedan extinguidos os de Baltar e Vilar de Barrios

O de Rubiá non se dá por controlado aínda debido ao temor de que as altas temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2020 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O incendio que comezou este venres en Rubiá e afecta o parque da Serra da Enciña de Lastra continúa estabilizado, tras queimar 40 hectáreas, segundo as estimacións actuais, confirmaron fontes da Consellería do Medio Rural este sábado.

As chamas comezaron sobre as 13,05 horas do venres na parroquia de Pardollán e o lume deuse por estabilizado ás 20,32. As mesmas fontes explicaron que non se dá por controlado aínda debido ao temor de que as altas temperaturas que se rexistran este sábado na zona poidan reactivalo nalgún punto.

Por outra banda, un incendio que se declarou onte ás 12,40 horas na parroquia de Garabelos do Bouzo, en Baltar, deixou 0,57 hectáreas calcinadas (0,25 de monte arboledo e 0,32 de monte raso). Quedou extinguido ás 15,01 horas e nos labores para apagalo colaboraron un axente, tres brigadas, unha motobomba e dous avións.

No municipio de Vilar de Barrios, tamén na provincia de Ourense, un lume queimou onte dúas hectáreas (1,5 de arboledo e 0,5 de raso) na parroquia de Bóveda. As chamas comezaron ás 16,50 horas e no lugar traballaron un axente, catro brigadas, tres motobombas e catro helicópteros. Quedou extinguido ás 23,00 horas.

Incendio en Lousame
Incendio en Lousame | Fonte: twitter incendios Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta