Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/07/2020 | Actualizada ás 16:29
O diagnóstico positivo por coronavirus dun paciente ingresado sospeita de COVID no Hospital Universitario de Ourense, que se desprazou recentemente por motivos laborais desde Lleida á Pobra de Trives activou o protocolo para seguir aos seus contactos directos.
Segundo confirmaron as autoridades sanitarias, actualmente están localizadas e con indicación de illamento domiciliario de 14 días, un total de 16 persoas que mantiveron contacto estreito con el.
Todas estas persoas son asintomáticas e, de acordo co protocolo, Sanidade, monitora o seu estado, por se presentasen algún síntoma.
O protocolo, remarcan as autoridades sanitarias, activouse desde o primeiro momento no que se coñeceu o positivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.