O incendio declarado perto de Ourense segue activo e xa queimou 50 hectáreas

A superficie queimada en Ourense é provisional ata que se parametrice toda a superficie afectada.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/07/2020 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

Permanece activo desde as 15,03 h. o lume no concello de Ourense, parroquia homónima, que afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 7 helicópteros e 10 avións.

Incendio en Ourense
Incendio en Ourense | Fonte: Cedida

Controlado ás 18,59 h. o lume rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia de Pardollán, tras comezar onte ás 13,05 h. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 41,35 hectáreas do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, das cales 30 son arboradas e o resto monte raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 1 técnico, 11 axentes, 26 brigadas, 10 motobombas, 5 helicópteros e 11 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 TERRORISMO FORESTAL

lembrade o edil cajome negouse a ter un-ha brigada de extinción de luMes forestais dixo que era un gasto moi grande para a facenda municipal, e segue a negarse a facer publico o se patrimonio, a sua nai de 80 xa esta morta xa non pode ser testaferra...