O SERGAS fai probas PCR en Trives logo da denuncia de varios concellos pola presenza de positivos

Os concellos de Río, Manzaneda e a Pobra de Trives, indicaron nun comunicado que o SERGAS inicara probas este sábado pasado entre compañeiros dunha persoa afectada desprazada ata o lugar por motivos laborais.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/07/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Os tres concellos asinantes do documento sinalan que o SERGAS comezou as análises de compañeiros de traballo dun operario desprazado á comarca  por motivos laborais. Con todo sinalan que foron compoñentes de Protección Civil os que informaron ás autoridades municipais das intencións do Servizo Galego de Saúde, e que non foran avisados nin pola Consellería de Sanidade nin pola Xunta.

PCR  /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo
PCR /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo

As accións levadas adiante consistiron en illar a dezaseis persoas que tiveron contacto directo co traballador contaxiado, chegado desde Cataluña. O SERGAS comunicaba o mesmo sábado pasado que as persoas en confinamento eran asintomáticas.

Non obstante, os concellos de A Pobra de Trives, Río e Manzaneda lamentan que non se tivese desprazado un equipo móbil para realizar as PCR. Isto “evitaría o movemento de persoas co conseguinte risco” de contaxio. En concreto, os tres municipios sinalan que dúas persoas da contorna laboral do traballador contaxiado “abandonaron a área sanitaria (de Ourense) por recomendación do SERGAS, sen que ata o de agora se nos comunicase oficialmente”.

Os representantes municipais tampouco saben se os traballadores que se desprazaron fóra da comarca para facer as PCR, volverán á comarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta