700.000 euros da Deputación de Pontevedra para o Plan Concellos 2020 e a dotación de desfibriladores

Así o informou a administración provincial este domingo, nun comunicado no que concreta que, dentro do Plan Concellos, case 500.000 euros serán para investimentos en catro municipios.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/07/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou novas achegas para o Plan Concellos 2020, que recibirá 600.000 euros, e para a contratación para a subministración, instalación, posta en funcionamento e mantemento de 34 desibriladores semiautomáticos en espazos municipais de 20 concellos con menos de 20.000 habitantes. A esta segunda liña destina 78.000 euros.

Así o informou a administración provincial este domingo, nun comunicado no que concreta que, dentro do Plan Concellos, case 500.000 euros serán para investimentos en catro municipios.

O Grove recibirá 90.000 euros para o plan de polos turísticos intelixentes con Sanxenxo; Gondomar contará con 67.000 euros para un 'skate park'; Bueu terá 134.000 para a rexeneración da contorna da igrexa de Ermelo; e Cangas disporá de 194.000 euros para acondicionar a rúa e a praza Singulis.

Outros 117.000 euros da liña de emprego destinaranse a Salceda de Caselas, que poderá contratar a 12 traballadores.

En canto aos desfibriladores, a contía destinada a este fin permitirá facer a terceira adquisición da institución provincial. En total son 103 os desfibriladores dos que dispoñen 41 municipios de menos de 20.000 habitantes.

Os 34 novos serán para Caldas, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal, Tomiño e Vila de Cruces.

Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta