Investigan un incendio en Poio que calcinou dous vehículos e varios colectores

Veciños aseguran ter escoitado unha pequena explosión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

As autoridades locais investigan as causas dun incendio iniciado de madrugada nuns colectores de Poio (Pontevedra), concretamente na rúa Oliveira, e que tamén calcinou por completo dous vehículos.

Segundo informa o 112, ocorreu sobre as 4,30 deste luns, hora na que unha persoa particular chamou á central de emerxencias para avisar dun lume nuns colectores que ameazaba os coches próximos.

Tras recibir as chamadas de varios alertantes, que mesmo aseguraran escoitar algunha explosión, o 112 Galicia informou da situación aos bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo, que se desprazaron ao momento.

Os xestores da central tamén puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Poio. Despois de extinguir as chamas e arrefriar a zona, os membros do GES de Sanxenxo confirmaron ao 112 que dous vehículos arderan por completo e que varios colectores se viron afectados.

Unha furgoneta e dous turismos, calcinados
Unha furgoneta e dous turismos, calcinados | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta