Desmantelado un 'chiringuito financeiro' de falsos brókeres que captaba clientes por teléfono para estafalos

A investigación arrincou cunha denuncia en Vigo e terminou cunha oficina en Madrid

Por E.P. | MADRID | 20/07/2020 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional, baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 10 de Madrid, desmantelaron un 'chiringuito financeiro' que operaba en Madrid e que estafou a cidadáns de todo o estado, entre eles un vigués que deu a voz de alarma e deu inicio á operación.

A Policía Nacional desmantela un ?chiringuito financeiro? que defraudaba mediante técnicas de negociación de alta frecuencia. POLICÍA NACIONAL
A Policía Nacional desmantela un ?chiringuito financeiro? que defraudaba mediante técnicas de negociación de alta frecuencia. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

A investigación comezou en xaneiro de 2019 por mor dunha denuncia presentada na comisaría de distrito de Vigo-Travesas por unha presunta estafa valorada en 36.000 euros. A partir dese momento detectáronse novos afectados, ata chegar ao quince afectados por un valor defraudado que rolda os dous millóns de euros.

Finalmente, despois dun ano e medio de investigación, o día 15 de xullo de 2020 a Policía Nacional, baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 10 de Madrid, realizou un rexistro na oficina da suposta empresa de investimento, situada en Madrid, detívose a dúas persoas e foron identificadas outras nove.

Segundo apunta o insituto armado, os acusados facíanse pasar por unha empresa de servizos de investimento autorizado nun país da Unión Europea. Como en anteriores 'chiringuitos', os investigados facíanse pasar por brókeres con resultados incontestables á hora de realizar investimentos. A pesar de que moitos deles adoitan carecer de coñecementos en materia económica, suplían esa insuficiencia con guións nos que articulan extensos supostos de preguntas e respostas nas que solucionan calquera obxección que un cliente poida presentar, desde o método de investimento ata o modo de conseguir diñeiro para investir. Así, segundo apunta a Policía Nacional, conseguen orientar a conversación ao seu propósito defraudador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta