Organizan un dispositivo especial ante "posibles concentracións" se o Deportivo mantén a categoría

A subdelegada do Goberno, Pilar López Riobóo fixo un chamamento á "responsabilidade individual e colectiva" para evitar "riscos sanitarios derivados da Covid-19".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/07/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Policía Nacional e a Policía Local da Coruña establecerán un dispositivo especial de seguridade polo partido de fútbol desta noite entre o Deportivo da Coruña e o Fuenlabrada polas "posibles concentracións" de seguidores no caso de que o equipo coruñés logre manterse en 2ª División.

A través dun comunicado de prensa, a Subdelegación do Goberno na Coruña anunciou que se reuniu a Xunta de Seguridade con membros de ambos os corpos policiais así como con responsables de seguridade do Deportivo da Coruña.

A subdelegada do Goberno, Pilar López Riobóo fixo un chamamento á "responsabilidade individual e colectiva" para evitar "riscos sanitarios derivados da Covid-19". Segundo a representante do executivo, deben "primar" as medidas preventivas como o uso da máscara e a distancia social entre persoas.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tamén apelou, nunha nota de prensa, á responsabilidade "para evitar aglomeracións de persoas e posibles riscos sanitarios". "Somos conscientes de que debemos apoiar ao noso equipo, pero neste momento debemos priorizar a responsabilidade", apuntou.

Deportivo da Coruña. LALIGA - Arquivo
Deportivo da Coruña. LALIGA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta