A noticia do descenso do Dépor dá a volta ao mundo: "a caída dun xigante", escriben dende EE.UU.

Deportistas, xornalistas e siareiros de todo o mundo lamentan o descenso do clube á segunda división B.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

De Riazor a Malaisia, pasando polos Estados Unidos. A noticia do descenso do Deportivo  está a levantar reaccións dentro das fronteiras galegas e do estado pero tamén alén destas, onde fai xa 20 anos a victoria na Liga puxo a este pequeno equipo do norte nos mapas de afeccionados e xornalistas.

Deportivo da Coruña. LALIGA - Arquivo
Deportivo da Coruña. LALIGA - Arquivo

A noticia do descenso do clube coruñés chegaba ó continente asiático da man de diversas publicacións especializadas pero tamén grazas ós afeccionados branquiazuis, que non podían evitar lembrar os anos de gloria do conxunto de Riazor. "O mesmo deportivo que loitou entre os dous grandes e gañou a liga no ano 2000 vén de descender á terceira división. Unha realidade triste", apuntaba o usuario Sivan John, afincado en Malaisia.

Dende a veciña portugal, tuiteiros como Joel Amorim sumábanse ás condolencias que nestas horas inundan as redes. "O mundo fíxose vello... o Deportivo vén de ser relegado á terceira división"

Outros, como Harvey, de EE.UU. preferían lembrar noites máis felices, como a histórica remontada en Champions contra o A.C. Milán. "Encantábame ver xogar ó Deportivo. Foron o primeiro equipo da historia de Champions League en levantar un 4-1 na súa contra".

Tamén dende EE.UU. o comentarista Andrew Miller lamenta a noticia: "a caída dun xigante".

Tamén no seo da prensa especializada multitude de xornalistas e cabeceiras de diversas partes do mundo se fixeron eco da noticia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 picheleiro

Por méritos propios