Números vermellos nas contas da Catedral de Santiago

A Igrexa calcula nun 57% o descenso das achegas dos fieis por mor da COVID-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Consello de Asuntos Económicos do Arcebispado de Santiago reuniuse este martes para, entre outras cuestións, examinar a modificación das contas deste ano 2020 a consecuencia da situación derivada da crise da COVID-19 que, calculan, suporá unha diminución do 57% nas achegas dos fieis.

Durante a reunión, presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, déronse a coñecer as cifras de liquidación do orzamento correspondente ao exercicio de 2019 e examinouse a modificación das contas deste ano 2020, derivada da pandemia.

Así, no informe presentado polo ecónomo diocesano, Fernando Barros, faise fincapé na necesidade dunha "reformulación orzamentaria que permita ponderar adecuadamente a actuación económica neste convulso exercicio económico".

Segundo as estimacións iniciais, haberá unha redución do 17,06% do orzamento, cun incremento "importante" da necesidade de financiamento, do 43,01%, o que supón "volver a niveis do orzamento diocesano de 2013", apuntan desde a Catedral.

Neste sentido, prevese unha redución do 31,28% dos ingresos ordinarios, cunha "sensible diminución" das achegas dos fieis lle (un 57,33%); así como unha redución do 13,07% de gastos ordinarios. En contraposición, estímase un aumento do 9,14% do apartado de actividades asistenciais.

Peregrino ante a Catedral de Santiago. CEDIDA - Arquivo
Peregrino ante a Catedral de Santiago. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mouxana

No problem, xa irá o Feixóo darlles unha boa presa de millóns (sen contar os que xa lles deu). A Xacoxunta ou Xuntabeo dos pepeiros non repara en gastos cos seus amiguiños cristiáns...