O Sergas confirma 6 positivos na expedición do Fuenlabrada, un dos cales non coincide coa lista inicial

Discutese tamén onde van pasar a corentena os membros do equipo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O xerente da área sanitaria da Coruña, Luís Verde Remeseiro, confirmou que seis membros da expedición do Club de Fútbol Fuenlabrada deron positivo nas probas PCR practicadas na mañá deste martes. Deles, cinco coinciden coa "listaxe inicialmente facilitada polo club" pero o restante non estaba incluído na relación de infectados por Covid-19 facilitada polo club madrileño.

En declaracións aos medios na tarde deste martes na Coruña, Verde non aclarou se as persoas infectadas corresponden a xogadores ou membros da expedición.

Así, apuntou que ao longo da mañá do mércores procederase a completar o estudo serolóxico para coñecer o estado inmunolóxico dos afectados e para analizar a "discordancia" entre os datos.

Deste xeito, os membros do Fuenlabrada desprazados á Coruña para o partido contra o Deportivo finalmente suspendido deberán permanecer illados no Hotel Finisterre da cidade herculina, aínda que non está decidido onde pasarán o resto da corentena. As autoridades sanitarias de Galicia e Madrid manteñen conversacións sobre isto último.

Un traballador de seguridade camiña preto da porta do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros. M. Dylan - Europa Press
Un traballador de seguridade camiña preto da porta do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentres tanto todo cristo con máscaras... e a 34 º Celsius, pero os do fútbol no Hotel con Aire Acondionado... (?)