As mortes por accidente de tractor comezan a ser un problema grave: xa van cinco mortos en pouco máis dun mes

Outro home faleceu na parroquia cambadesa de Castrelo tras envorcar o vehículo que conducía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Un home faleceu a última hora deste martes ao envorcar o tractor que conducía nunha travesía da parroquia cambadesa de Castrelo, en Pontevedra, informou o 112 Galicia.

O accidente produciuse sobre as 20.24 horas nunha travesía do río Umia, nas proximidades da ponte de Castrelo, cando unha roda do tractor saíuse do camiño e envorcou. O home, duns 85 anos, quedou atrapado baixo o vehículo nunha zona con auga e lodo acumulada, segundo informaron a Europa Press fontes dos Bombeiros de Ribadumia.

Cando os efectivos do servizo de extinción de incendios chegaron ao lugar, o home xa falecera, polo que unicamente puideron colaborar nos labores de rescate do corpo. Ao lugar tamén se trasladaron efectivos de Protección Civil de Cambados, e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Cambados. Igualmente, acudiron sanitarios dunha ambulancia do 061.

Morre un pctogenario ao envorcar un tractor agrícola en Valga (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Morre un pctogenario ao envorcar un tractor agrícola en Valga (Pontevedra).. GARDA CIVIL

Con este son xa cinco os mortos por accidente de tractor en Galicia en pouco máis dun mes, o último deles en Santa Comba hai unha semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ana

Pois encendes a tv e so falan do Coronatimo. A min parece mais grave o que esta pasando cos accidentes de tractor que o que din uns test de Coronatimo que vai ti a saber como de fiables son. Claro que non poden confinarnos, nin vacunarnos, nin obrigarnos a levar un bozal polos accidentes de tractor pero si se existe un "virus" invisible e somos previamente aterrorizados.

1 Gamela

Seguramente a culpa é dos bancais, e das pendentes das leiras... O Ministerio de transición ecolóxica seguro que proporá converter Galicia nunha chaira para mellorar as condicións e de paso facer carreiras de karts ! Seica temos moito octoxenario disposto a correr as 24 horas de Le Mans polas corredoiras... (?)