Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/07/2020 | Actualizada ás 10:13
As probas PCR ás que foron sometidas na Coruña catro persoas relacionados co brote do Club de Fútbol Fuenlabrada, pero que non tiñan vinculación co equipo, deron resultado negativo, segundo informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
En concreto, foron sometidos a PCR tres condutores de autobús e un afeccionado que tiveron contacto cos positivos do Fuenlabrada e que xa estaban en illamento no seu domicilio, na Coruña. Realizóuselles o mércores a proba, cuxo resultado negativo se coñeceu a mañá deste xoves.
Ademais destas catro PCR, as autoridades sanitarias galegas realizaron estas mesmas probas a 46 persoas da delegación do club, que deron un resultado de seis positivos.
Con todo, a discrepancia entre os datos proporcionados polo laboratorio privado de Madrid --que falaba de oito positivos-- e os detectados polo Sergas, obrigou a repetir as probas mediante seroloxías, que ratificaron seis positivos na expedición do Fuenlabrada.
Ademais, derivado do traballo dos rastreadores ampliáronse os contactos vinculados a outras catro persoas sen nexo co club, os mencionados tres condutores de autobús e un afeccionado, que tamén gardan corentena. Pola súa banda, na Comunidade de Madrid tamén se realiza rastrexo aos contactos que viven na capital española.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.