Os grandes incendios volven cebarse con Ourense

O lume de Verín vai camiño de converterse no máis importante do ano tras queimar 160 hectáreas en menos de 24 horas. Outro xa queimou 20 hectáreas en Riós.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Ourense volve ser o epicentro dos grandes incendios en Galicia. O incendio que afecta a Verín continúa activo este xoves, tras queimar xa ao redor de 160 hectáreas, e outro lume que comezou a pasada noite calcinou máis de 20 hectáreas no municipio ourensán de Riós, de acordo coa información actualizada ata as 9,00 horas da Consellería do Medio Rural.

No caso de Verín, o lume declarouse ao redor das 15,40 horas deste mércores na parroquia de Queirugás e no lugar traballaron ata agora un técnico, seis axentes, 16 brigadas, nove motobombas, unha pa, 10 helicópteros e nove avións.

No municipio veciño de Riós está estabilizado desde as 7,16 horas deste xoves un lume que comezou na parroquia de Castrelo de Cima cara ás 22,00 horas do mércores e que afectou xa a máis de 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións. Nos labores de extinción colaboraron ata agora cinco axentes, 10 brigadas, seis motobombas e unha pa.

Por outra banda, está controlado desde as 21,30 horas do mércores o incendio que afectou á parroquia de Nebra, en Porto do Son (A Coruña). Neste caso, as chamas comezaron ás 16,51 do mércores e calcinaron unha superficie de 40,71 hectáreas de arboledo. Ao lugar desprazáronse un técnico, 22 axentes, 34 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e seis avións.

Un lume aproxímase as casas en Cualedro
Un lume aproxímase as casas en Cualedro | Fonte: FBcomarcas de Monterrei, Frieiras e Viana

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta