Esborralle do turismo en xuño cunha caída das pernoctacións hoteleiras dun 82,1%

O descenso tan pronunciado foi propiciado en parte polas restricións á mobilidade, as cales estiveron en vigor ata o 21 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/07/2020 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

As pernoctacións en establecementos hoteleiros esborralláronse un 82,1 por cento interanual en Galicia no mes de xuño, en parte do cal seguían en vigor restricións á mobilidade pola crise sanitaria da COVID-19, de acordo cos datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que mostran que na comunidade pasaron de 869.655 en xuño de 2019 a 155.952 no mesmo mes deste ano.

Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.
Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro. | Fonte: Europa Press

PERNOCTACIÓNS

No caso de Galicia, o descenso é especialmente acusado nas pernoctacións de cidadáns estranxeiros, que pasaron de 278.500 a 10.934, unha caída do 96,1 por cento. As persoas procedentes doutros puntos de España fixeron 105.018 pernoctacións en xuño, un 82,2 por cento menos que as 591.155 de hai un ano. A estancia media de todos os viaxeiros foi en xuño de 2,04 días.

TOTAL DE VIAXEIROS

No sexto mes do ano Galicia rexistrou un total de 56.875 viaxeiros, un 87,6 por cento menos que en xuño de 2019. Deles, o 94,5 por cento procedían doutros puntos de España, desde onde chegaron 53.739 persoas, un 81,5 por cento menos que hai un ano.

Os viaxeiros estranxeiros foron apenas 3.136 no mesmo mes, o que supón un esborralle do 98,1 por cento interanual.

ESTABLECEMENTOS ABERTOS E PERSOAL EMPREGADO

En Galicia, estaban abertos dende o 21 de xuño, día do final do estado de alarma, 639 establecementos (un 60,5 por cento menos), con 12.961 habitacións estimadas e 24.130 prazas. O grao de ocupación por prazas foi do 15,98 por cento en xeral e do 16,95 por cento o fin de semana. En canto ao persoal empregado, eran 2.350 persoas en xuño deste ano, fronte ás 7.662 de hai un ano, o que supón un 69,33 por cento menos.

No primeiro semestre deste ano, producíronse 44,1 millóns de pernoctacións en hoteis españois, un 70,5% menos que no mesmo período de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta