Indignación en Ourense contra a decisión de Jácome de retirar o gran cedro da praza da catedral

O rexedor insiste en que resta visibilidade ó monumento, pero varias asociacións e intelectuais da vila esixen conservalo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Nova polémica xurdida arredor do goberno de Pérez Jácome. Logo de suxerir a construción dun edificio de 300 metros de altura e defender a idea de ceibar aguias 'Harris' sobre o ceo da cidade, o rexedor independente vén de anunciar a súa intención de "trasladar" o cedro situado ao pé da catedral a outro emprazamento e reemprazalp por outra de menores dimensión xa que a actual, ao ser ver, dificulta a visión da parte traseira do monumento.

Cedro ante a Catedral de Ourense
Cedro ante a Catedral de Ourense | Fonte: GC

Como era de agardar, a proposta do líder de Democracia Ourensana levantou as protestas indignadas de certa parte da veciñanza, que vén de constituírse na chamada asociación "Irmandade do Cedro" en defensa da permanencia da árbore. Segundo apuntaron nun acto celebrado uns días atrás ao pé da árbore, na que estiveron presentes asociacións veciñais e ecoloxistas, o nome procede dun paralelismo coa famosa araucaria que o pai de Otero Pedrayo plantou ao nacer este e coa que foi construído o cadaleito no que foi enterrado o escritor.

O razoamento da asociación para defender a permanencia da árbore é a tendencia crecente en múltiples cidades europeas a permitir a integración da vexetación co patrimonio monumental, unha simbiose particularmente apreciable no barrio de Montmartre de París.

PRAZA DE LOS SUAVES

Entre os asistentes á concentración da semana pasada atopábase o histórico vocalista de Los Suaves, Yosi, defensor da permanencia da árbore nunha praza á que lle deu nome o grupo de rock duro. Tamén dende o mundo da cultura foi claro o apoio do arqueólogo e historiador Alfonso Vázquez-Monxardín, que uns días atrás subiu a redes sociais unha imaxe do cedro nos seus días iniciais coa lenda "era el pequerrechiño. Pero medrou..."

O comentario de Vázquez-Monxardín foi axiña respostado polo alcalde independente, que afeou ao académico que empregara unha foto de "cando o cedro medía 10 veces menos" e "non tapaba a beleza monumental da nosa catedral", engadindo "fai só dúas décadas". Neste aspecto, o partido de Jácome defendeu en Facebook a actitude do rexedor afirmando que o cedro, á parte de tratarse dunha especie alóctona, foi plantado hai apenas "25 anos"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Alienao

A praza non é da catedral, é a dos Suaves.

1 Sentidiñ0

Antes "Rúa das Flores"

1 Rantxo dos porkos

Pobre paleto. E os que lle votan...., que se pode dicir dos que lle votan...