A Xunta rexeita a diminución do 10% da PAC e insta o Goberno a "non dar a batalla por perdida"

O conselleiro de Medio Rural pide explicacións ó Ministro de Agricultura sobre un descenso que polo de agora non afecta ós fondos do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, defendeu esta mañá que a diminución do 10% dos fondos da PAC para o período 2021/2027 ten que ser "modificada" e pediu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que "non dea a batalla por perdida" no que se refire a "conseguir máis fondos".

Agroforestería
Agroforestería | Fonte: calibre-agroforestry.org.

Así se pronunciou en declaracións aos medios antes de participar na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural este xoves na sede do ministerio en Madrid.

Na súa intervención, o conselleiro explicou que considera necesario que o ministro Luís Planas dea explicacións sobre a posición do Estado respecto desta diminución do 10% dos fondos da PAC. "Nós sempre mantivemos unha posición de lealdade institucional, de apoio máximo ao Goberno central pero baixo a premisa de que a PAC tiña que ter un orzamento polo menos igual ao do período 2014/2020", manifestou.

"Por tanto, o que trasladamos tamén é que se nestes momentos temos que defender un sector primario forte, que na pandemia demostrou a súa necesidade para ser nosa despensa alimentaria e se, ademais, os agricultores, gandeiros e silvicultores teñen que ser os protagonistas do cambio ambiental, necesitamos unha dotación orzamentaria potente", insistiu.

UNHA DIMINUCIÓN POR CONCRETAR

Tal e como sinalou González, a situación sobre a PAC segue a ser "inicial", xa que a redución debatida ten que ver coa "aposta de Europa" en xeral. "Despois aínda ten que haber unha repartición tanto a nivel nacional como rexional pero a primeira noticia, a diminución do 10%, non é boa, sostivo.

E é que, conforme sinalou, para o período 2014/2020 a PAC supuña o 36% dos orzamentos da Unión Europea mentres que, cos novos datos, pasa a ser un 18%. "É dicir, estamos a mandar unha mensaxe aos nosos agricultores e gandeiros de que perden apoio orzamentario", afirmou o conselleiro, que lembrou que Galicia sempre defendeu "unha PAC forte e ben dotada presupuestariamente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta