Feijóo a sindicatos, pais e profesores: "pídolles altura de miras e que non utilicen o inicio do curso"

"Non poden esixir cousas que logo, por exemplo, nos recreos non se poden cumprir", di sobre o protocolo de Educación que rexeitan sindicatos e anpas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/07/2020 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu este xoves a defender o protocolo da Consellería de Educación para o inicio de curso e criticou duramente a sindicatos, anpas e profesores. "Pídlles altura de miras e que non utilicen o inicio de curso senón para buscar solucións para acertar", díxolles.

Unha profesora vixía unha clase mentres estudantes das materias. Marta Fernández Xara - Europa Press
Unha profesora vixía unha clase mentres estudantes das materias. Marta Fernández Xara - Europa Press

Os sindicatos educativos anunciaron para este venres o inicio dun calendario de mobilizacións en Santiago de Compostela para evidenciar o seu rexeitamento ao protocolo de adaptación escolar á COVID-19, así como para pedir que se retire o proxecto proposto pola Xunta e se negocie un novo co sector.

Os representantes sindicais presentes na mesa sectorial --CIG, CCOO, UGT e ANPE-- deron unha rolda de prensa para explicar a decisión que tomaron este xoves, cando se levantaron desta mesa tras a "negativa" da Administración educativa a retirar o texto proposto e negociar un novo. Consideran que o protocolo proposto por Educación é "inviable" e "inconcreto" e que condiciona as medidas "a unha cuestión economicista", o que implica "adaptar" os requirimentos "a custo cero".

"Non poden esixir cousas que logo, por exemplo, nos recreos non se poden cumprir", dixo Feijóo que fixo un chamamento á calma e á moderación. Ademais, volveu defender o seu protocolo, "de máis de 90 páxinas" porque "é sólido e está ben constituído" e, ademais, suliñou, "segue os protocolos da Organización Mundial da Saúde e está supervisado polo comité sanitario da Xunta".

Neste sentido, e para contrarrestar estas mobilizacións, Feijóo anunciou xuntanzas de responsables de Educación coas xuntas de directores dos centros e indicou que existe un equipo Covid na consellería para resolver calquera dúbida e prestar "toda a colaboración necesaria ao profesorado". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Xian do Sil

Pedir altura de miras a la CIG es como pedir peras al olmo. Todo es cuestión de mantener sus cientos de liberados sindicales viviendo estupendamente sin dar golpe.

1 Xabrega

Podería dicirche unha ducia de coñecidos que votan PP (algún case VOX) afiliados á CIG porque "son os únicos" que lles resolven os problemas do curro... A xentiña coma ti pronto teredes o sindicato vertical dos da VOXta.