Temas: EMPRESA ABANCA

A empresa familiar, clave para a recuperación segundo a Xunta e Abanca

Abanca lembrou o seu "compromiso" co tecido produtivo galego e as empresas familiares, á vez que reivindicou "o papel do banco como un aliado de proximidade da empresa en momentos difíciles".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, sinalaron que o papel da empresa familiar será clave no proceso de reactivación que se abre tras o parón da economía por culpa da pandemia.

O Hotel Quinta da Auga de Santiago acolleu este xoves a XX Asemblea xeral de socios da Asociación Galega de Empresa Familiar, que foi clausurada polo titular do Goberno autonómico en funcións e o directivo da entidade financeira.

"Queremos unha Galicia inspirada nos valores da empresa familiar: que creza solidamente, cunha economía fiable, que sexa capaz de planificar, emprendedora, que combine innovación con tradición, que busque a máxima calidade, que sexa competitiva e con capacidade exportadora e que sexa socialmente responsable", sinalou Feijóo na súa intervención.

Pola súa banda, Botas destacou o "compromiso" da entidade financeira co tecido produtivo galego e as empresas familiares, á vez que reivindicou "o papel do banco como un aliado de proximidade da empresa en momentos difíciles".

Neste sentido, lembrou que Abanca puxo en marcha liñas para dotar de liquidez ás empresas galegas a tavés de renovacións automáticas da liña de circulante por valor de 1.200 millóns e coa concesión de case 2.375 millóns en préstamos baixo o convenio 'ICO COVID-19'.

Pola súa banda, o presidente da AGEF, Víctor Nogueira, incidiu en que Galicia "pode estar á cabeza da recuperación e ser punto de referencia" neste momento, no que considera que debe apostarse "pola creación de riqueza e a atracción do empresario e o investimento".

O presidente da AGEF, Víctor Nogueira, xunto co presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas. AGEF
O presidente da AGEF, Víctor Nogueira, xunto co presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas. AGEF | Fonte: Europa Press

Temas: EMPRESA ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta