O Fuenlabrada anuncia cinco novos contaxios de membros da expedición á Coruña

Son en total 14 positivos, contando os catro que non viaxaron á cidade herculina, onde está confinado o equipo despois de suspenderse o seu encontro do luns ante o Deportivo.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 23/07/2020 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O CF Fuenlabrada anunciou este xoves pola tarde cinco novos contaxios por COVID-19, aínda que un está pendente de aclarar, para un total de 14 positivos no persoal, contando os catro que non viaxaron á Coruña, onde está confinado o equipo despois de suspenderse o seu encontro do luns ante o Deportivo.

Unha persoa mira por unha xanela do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros
Unha persoa mira por unha xanela do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados nel tras dar positivo en coronavirus varios dos seus membros | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

"Na tarde de hoxe comunicáronse catro casos máis de COVID-19 e un quinto inconcluínte, que presenta síntomas, e á hora deste comunicado está en proceso de aclaración", di un comunicado oficial do conxunto madrileño na súa páxina web.

"A falta de confirmación cos resultados que no día de hoxe realizou a Xunta de Galicia, o número de contaxiados na expedición ascendería a dez máis as catro persoas que quedaron en Madrid", engade.

O 'Fuenla' está a someterse a distintos test desde que o pasado sábado 18 de xullo se coñecese un primeiro caso. O club soubo de tres máis o domingo e o luns suspendeuse o seu partido da última xornada de LaLiga SmartBank. A cancelación do partido levantou múltiples denuncias dos equipos implicados, xa que estaba en xogo a zona de promoción e de descenso.

Doutra banda, a actuación tanto do club como de LaLiga foi criticada polo Consello Superior de Deportes (CSD), que puxo en dúbida a dilixencia da patronal no caso e cualificou de "erro grave" que o equipo viaxase ao seu partido en Riazor.

Ademais, o Comité de Competición da RFEF abriu un expediente disciplinario extraordinario ao Fuenlabrada, á espera de saber cal é a decisión sobre o partido suspendido.

O Concello da Coruña puxo en coñecemento da Fiscalía os feitos e este mesmo xoves, o presdiente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que os servizos xurídicos do Goberno autonómico estuda a opción de recorrer aos tribunais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta