A Xunta aumenta un 3% a achega a Santiago polo Estatuto de capitalidade, ata os 2,39 millóns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

A Xunta achegará ao Concello de Santiago unha contía de 2.392.425 euros para que faga fronte aos gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade autónoma e sede das institucións autonómicas. A cifra é un 3% superior á de 2019.

Así o aprobou este xoves o Consello da Xunta, que deu luz verde ao convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Concello de Santiago para financiar o Estatuto de capitalidade desta cidade.

En concreto, o 24 de xullo de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Lei 4/2002, de 25 de xuño, do Estatuto da capitalidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de regular o estatuto especial desta cidade como sede das institucións autonómicas e polo seu recoñecemento como capital da Comunidade autónoma. Deste xeito, establécese así os mecanismos adecuados para o tratamento xurídico-administrativo e financeiro da capitalidade desta cidade.

Ademais, co obxectivo de establecer unha coordinación entre a Administración autonómica galega e o Concello de Santiago no referido a as competencias e responsabilidade derivadas da capitalidade, creouse o Consello da Capitalidade que, ademais, será o encargado da interpretación e do seguimento do cumprimento do convenio aprobado este xoves.

Catedral de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Catedral de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta