O alcalde de Viana do Bolo, co maior lume do verán: "Buscan unha repercusión ecolóxica e ambiental"

Sospeita que o foco de Vilardemilo foi "buscado" pola súa nocturnidade e por afectar a "unha zona boscosa de moito valor" económico e ecolóxico.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/07/2020 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, ve "clara" a intencionalidade dos incendios rexistrados entre este xoves e este venres no municipio, cun principal que avanza sen control con máis de 150 hectáreas arrasadas na parroquia de Vilardemilo e que xa se converteu no maior lume do verán en Galicia.

"Está claro que buscaban unha repercusión ecolóxica e ambiental. E económica, tamén", trasladou a Europa Press o rexedor, quen tamén valorou que todos os lumes --ata catro-- rexistrados desde este xoves en varias parroquias "non tiveron perigo para os núcleos de poboación".

O incendio de maior gravidade, o rexistrado en Vilardemiro, comezou ás 20,28 horas e rexistrou ata cinco focos diferentes no seu comezo, polo que todo apunta a unha "clara intencionalidade", segundo informou a Xunta, na mesma liña que o alcalde.

Respecto diso, o rexedor de Viana lamentou que a área afectada é "de alto valor ecolóxico, ambiental e económico". "Foi buscada precisamente esa zona. Sabían perfectamente que queimar aí era queimar esa zona de valor económico", incidiu Fernández, aínda que matizou que se trata dunha mera sospeita: "Non teño datos, só polo que podo observar". Así mesmo, asegurou a Europa Press o rexedor, o hipotético responsable "sabía que ás 20,30 da noite non se ía a dar apagado o incendio" de Vilardemilo "antes de escurecer".

"PARECE QUE SE PUXERON DE ACORDO"

Á parte do de maior tamaño, que supera as 150 hectáreas, o municipio rexistrou "outro tres máis en distintas parroquias" --Pexeiros, Froxais e Rubiais--, aínda que de menor intensidade: "Non foron tan graves como este (o de Vilardemiro), pero está claro que parece que se puxeron de acordo para plantar o lume".

Sobre o de Vilardemilo, non ten dúbidas de que "buscan unha repercusión económica" ao ser "nunha zona boscosa de moito valor", tamén ecolóxico. Así, botou a vista atrás e lembrou que hai "poucos anos" un gran incendio xa calcinou boa parte de "a riqueza madeireira" do municipio. "E agora, a parte que quedou sen arrasar, foi a que buscaron", aseverou Fernández.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta