A industria galega non dá saído do pozo pese á melloría de xuño

Os prezos industriais subiron un 2'3% con respecto a maio pero seguen 6 puntos por debaixo dos datos de 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Os prezos industriais -custo dos produtos á saída das fábricas, sen máis engadidos- rexistraron unha caída do 6% en xuño en Galicia con respecto a mesmo mes do ano anterior que encaixan co declive rexistrado na práctica totalidade de indicadores facilitado polo INE. O declive provocado pola covid sufre unha lene melloría se comparamos os datos de xuño dos de maio -hai un repunte do 2'3%-, pero insuficiente, en todo caso, para regresar ós datos pre-pandemia de 2019.

Prezos industriais en Galicia en xuño de 2020. EPDATA
Prezos industriais en Galicia en xuño de 2020. EPDATA | Fonte: Europa Press

A caída de Galicia é similar á media estatal (-6,1%), de igual forma que o é o rebote de xuño: 2%.  De media, no que vai de ano --entre xaneiro e xuño--, hai un retroceso do 4,1% nos prezos industriais galegos. Os prezos industriais en Galicia acumulan un ano de caídas consecutivas interanuais, xa que o último dato positivo produciuse en maio de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta