Os focos do Fuenlabrada e O Porriño elevan en 17 os casos de covid

Galicia rexistra 180 contaxios, os mesmos que o mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Os brotes e focos de coronavirus rexistrados nas últimas xornadas en Galicia, como o do Fuenlabrada ou o do Porriño, elevaron unha xornada máis os casos activos de COVID-19 na comunidade, que soben en 17 e alcanzan a cifra de hai dous días, os 180.

Segundo a información proporcionada pola Consellería de Sanidade, a área sanitaria con máis casos segue a ser a de Lugo, con 80 activos, seis máis que no parte do día anterior. Nesta área detectouse onte un foco importando con varios membros dunha mesma familia afectados, entre eles unha traballadora dunha residencia.

Así mesmo, 43 casos activos están na Coruña --catro máis-- e 31 na de Vigo --que engade outro catro--. Pola súa banda, na área sanitaria de Pontevedra están activos 11 casos de COVID-19 --dous máis que este xoves--, a mesma cifra que na de Santiago e Barbanza --que sobe un--. A de Ourense mantense en catro casos activos e Ferrol segue sen ningún.

Do mesmo xeito, segundo a información de Sanidade, elévanse unha xornada máis as persoas hospitalizadas, que alcanzan as 10, dúas máis que este xoves. Un total de 170 afectados están no seu domicilio e non hai ningún enfermo na UCI.

Ata o momento, Galicia rexistra 11.197 persoas curadas e 619 falecementos. A cifra de mortes por coronavirus permanece sen variación desde o 10 de xuño.

Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

RESIDENCIA

En canto ás residencias, que este xoves non rexistraban ningún afectado nin entre internos nin entre traballadores, o último parte do Sergas informa dun profesional afectado por COVID-19. Trátase dunha traballadora dunha residencia de Xove que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta