Temas: PP PSDEG LAZA

O PP recupera o Concello de Laza tras a división no PSdeG

José Ramón Barreal, ex rexedor da localidade, volve a ocupar o sillón de mando, despois de que os socialistas renunciaran a poñer un candidato.

Por Galicia Confidencial | LAZA | 24/07/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

José Ramón Barreal Novo, exalcalde de Laza e voceiro popular, é o novo rexedor da localidade de Laza tras a división dentro do PSdeG e os problemas con Xuntos por Laza, socios de goberno. Barreal volve deste xeito a ocupar o sillón de mando da localidade cos catro votos a favor do seu partido, fronte aos dous de Xuntos.

José Ramón Barreal, alcalde de Laza, do PP / Diario do Támega José Ramón Barreal, alcalde de Laza, do PP / Diario do Támega
José Ramón Barreal, alcalde de Laza, do PP / Diario do Támega José Ramón Barreal, alcalde de Laza, do PP / Diario do Támega

Estas dúas formacións, que acadaran un pacto de goberno tras as eleccións municipais, sufriron importantes divisións nos últimos meses o que acabou con Xuntos fóra do goberno municipal. De feito, a condición da marea local para volver votar ao PSdeG era que o candidato fora o número dous do PSdeG local, Pablo Pazos.

Finalmente, e ante a falta de acordo, o PSdeG decidiu non presentar ningún candidato á alcaldía o que deixou as mans libres a que José Ramón Rarreal, Moncho, volva a ocupar a alcaldía.  Así, saiu adiante a lista encabezada poLo Partido Popular, con votos ao seu favor dos catro edís. Xuntos por Laza presentou tamén a súa opción, liderada por Jorge Lorenzo. Só obtivo dous votos, os do seus concelleiros. 

 

Nada máis rematar o pleno de elección do rexedor, tal e como apunta o DdT, o que ata o día de hoxe fora alcalde en funcións e segundo pola lista do PSdeG, Pablo Pazos Amado, presentou a renuncia á súa acta de concelleiro. 

Temas: PP PSDEG LAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Iván

O PsdeG coma sempre demostrando o incompetentes que son, é o porque dos seus pésimos resultados nas Autonómicas. Non permitindo formar un goberno alternativo.