Pais de alumnos acusan ao protocolo de volta ás aulas de usar o "todo vale" para "non incrementar" docentes

Recoñecen que a situación "é difícil" e que "as solucións de máximos non sempre son posibles", oponse a este protocolo e reclaman que a Xunta os teña en conta á hora de redactar un documento deste tipo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia



A Confederación de Anpas Galegas emitiu este venres un comunicado no que critica o protocolo da Xunta para a volta ás aulas, no que, afirman, "todo vale con tal de non incrementar nin unha soa praza docente ou de persoal de coidados".

No comunicado, as Anpas Galegas afirman que é "moi curioso" que as normas da Xunta "traian como consecuencia non gastar nin un céntimo máis en educación pública" a través de "manter as aulas ao total da súa ocupación" cando "non hai ningún sector social de agrupación que non teña limitacións ou no que non se indique que debe habelas".

"Sorpréndenos que as bibliotecas só poidan ocuparse ao 50%, as salas de profesores necesiten 1,5 metros de separación entre eles, os recreos manteñan esa distancia de 1,5 metros, así como os comedores escolares, pero, pola contra, nas aulas é suficiente un metro, ou menos coa máscara posta", critican as anpas.

Aínda que recoñecen que a situación "é difícil" e que "as solucións de máximos non sempre son posibles", oponse a este protocolo e reclaman que a Xunta os teña en conta á hora de redactar un documento deste tipo.

Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo
Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta