O incendio de Viana do Bolo xa queimou 210 hectáreas mentres o de Verín permanece controlado

O lume iniciouse ao fío das 20,30 horas do xoves en ata cinco focos diferentes e que apunta a unha "clara intencionalidade", segundo o departamento de Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia



O incendio que afecta desde o mércores ao municipio ourensán de Verín quedou controlado na tarde deste venres, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que calcula en 210 hectáreas a superficie arrasada polo lume de Viana do Bolo, que segue activo.

Así as cousas, o incendio máis grande no que vai de tempada leva xa consumidas 210 hectáreas en Viana do Bolo. O lume iniciouse ao fío das 20,30 horas do xoves en ata cinco focos diferentes e que apunta a unha "clara intencionalidade", segundo o departamento de Medio Rural.

Pola súa banda, o lume forestal declarado o pasado mércores en Verín está controlado desde a tarde deste venres. A estimación de superficie afectada polas chamas continúa nas 144 hectáreas.

Incendio Viana do Bolo
Incendio Viana do Bolo | Fonte: @BrifLaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta