Dimite Antón Dobao, un dos fundadores de Anova, tras os resultados das autonómicas

Dobao, que foi un dos promotores no ano 2012 de Anova, manifesta que entende que coas autonómicas "péchase unha etapa e que con iso nada debería ser o mesmo para o ciclo que se abre".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

Antón Dobao, un dos fundadores de Anova-Irmandade Nacionalista, anunciou que abandona a dirección da organización soberanista, na que ocupaba o cargo de responsable de Relato desde a IV Asemblea Nacional celebrada o pasado mes de decembro.

Nun comunicado colgado no seu 'blogue' e compartido en redes sociais, o escritor anunciou que esta semana presentou a súa dimisión como membro da Comisión Permanente de Anova, unha decisión que vincula cos "espantosos" resultados da coalición Galicia En Común-Anova Mareas nas eleccións do 12 de xullo, onde non logrou representación.

Dobao, que foi un dos promotores no ano 2012 de Anova, manifesta que entende que coas autonómicas "péchase unha etapa e que con iso nada debería ser o mesmo para o ciclo que se abre".

"No fondo, esa era a intención cando se iniciou todo isto que demos en chamar, se cadra de forma un pouco hiperbólica, proceso de ruptura. Este fin de fase debe mostrar, entre outras cousas, as propias limitacións do proceso e das forzas que se puxeron en marcha para conducilo", sinala Dobao, que teoriza no texto sobre o últimos oito anos no espazo político da unidade popular.

"Eu, que sigo acreditando na necesidade que orixinou Anova, na propia 'Idea Anova' e no proceso que fixo posible, seguirei acompañando o proceso. Mesmo nos tempos en que decida hibernar, se así o fixese", pecha o escritor.

A de Dobao é a segunda marcha da dirección de Anova dun dos seus referentes tras as autonómicas. O primeiro en abandonar as súas responsabilidades orgánicas na formación foi o exalcalde de Santiago e Teo Martiño Noriega, que anunciou tres días despois do 12J que deixaba a política activa.

O pasado sábado, Anova acordou a apertura á volta do verán dun proceso de "autocrítica e reflexión" tras os "moi negativos" resultados da coalición.

Antón Dobao
Antón Dobao | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Tocabolas

A pesares dos desvarios, xa institucionalizados, do Gamela o certo é que os "gichos" estes dimisonarios de Anova van-se para a casa co peito inchado e sen atisbos de asumir ningún "mea culpa"...noutras culturas con menos soberbioembiguismo o Hara Kiri sería a saida mais honrosa......, mais temos a fauna que temos e o Fliposegundismo (botar-lle a culpa non a un senón aos elementos) prima mais que nunca....

1 Gamela

certo, semella que algúns vanse coa satisfacción do "deber cumprido" (?) Precisamente por iso resulta algo rara esta desbandada (cara ao BNG supoño) ?

3 Próculo

Tanta paz leves...

2 Gamela

Descoñezo por completo ao señor Dobao... pero as súas palabras son un claro exemplo de rendición de contas ante a UPG triunfante de Paco Rodríguez... (?) A ver se amáis de CERNA tamén había outros encargados de fundir as Mareas dende dentro (?) Vostedes dirán das relacións que podan existir entre o Dobao e Mario López-Rico (?)

1 Sentidiñ0

"Espantosos" en galego ou en portugués?