Un incendio activo en Monterrei mentres que segue activo o lume de Viana do Bolo con 230 hectáreas queimadas

O incendio de Verín está controlado desde as 14:43 segundo Medio Rural.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/07/2020 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

O concello de Monterrei é o foco dun incendio activo desde as 17,05 h. desta tarde, na parroquia de Flariz. Segundo as primeiras estimacións afecta a unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 8 avións.

Incendio Viana do Bolo
Incendio Viana do Bolo | Fonte: @BrifLaza

Tamén permanece activo desde as 20,28 h. do pasado xoves, o incendio forestal do municipio ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Vilardemilo. De acordo coas últimas estimacións, afecta a unha superficie provisional de 230 hectáreas.

Ao iniciarse este lume localizáronse ata cinco focos diferentes, polo que todo indica que foi intencionado. Ademais, cómpre lembrar tamén que se rexistrou a unhas horas nas que os medios aéreos apenas puideron traballar, pola proximidade do ocaso. Para o control deste incendio mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 12 axentes, 36 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

O incendio rexistrado en Verín permanece controlado desde as 14,43 h. desta tarde o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que se iniciara o mércores. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. No seu control levan traballado ata o momento 1 técnico, 15 axentes, 29 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta