Segue sen control o incendio de Viana do Bolo, que arrasa xa 230 hectáreas

É o incendio máis importante do verán tras iniciarse hai un día con cinco focos diferentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O incendio forestal que afecta a Viana do Bolo, o máis grande no que vai de campaña, arrasou xa 230 hectáreas, segundo a última estimación ofrecida pola Consellería do Medio Rural.

Este lume permanece activo e sen control desde as 20,28 horas do xoves, cando se iniciou en ata cinco focos diferentes na parroquia de Vilardemilo, polo que Medio Rural considera que foi intencionado.

Polo momento despregáronse na zona un técnico, doce axentes, 36 brigadas, 18 motobombas, dúas pas, oito helicópteros e oito avións.

Por outra banda, continúa activo o incendio forestal de Monterrei que afecta á parroquia de Flariz desde as 17,05 horas deste venres. Segundo as primeiras estimacións arrasou unhas 20 hectáreas e na zona traballaron tres axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa e medios aéreos.

Ademais, desde as 14,43 horas deste venres está controlado o lume que afecta á parroquia de Queirugás, en Verín, un incendio que se iniciou o mércores e que queimou 144 hectáres, segundo as últimas estimacións.

O incendio
O incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alienao

Agora que se anexiona o Bierzo teremos máis hectáreas que queimar.