A Garda Civil rescata un veleiro noruegués á deriva en Cambados

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 25/07/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O servizo marítimo da Garda Civil axudou este sábado a un veleiro de bandeira sueca que se atopaba á deriva fronte á costa de Cambados.

A embarcación atopábase preto das bateas da zona do Galiñeiro cara ás 16,30 horas, indicou a Garda Civil de Pontevedra a través da súa conta de Facebook. O veleiro achegábase á costa "sen rumbo nin tripulación" e tivo que intervir unha patrulleira.

Posteriormente foron localizados tres tripulantes que estaban nunha embarcación auxiliar e achegáronse á costa. A Garda Civil trasladou o veleiro ao patrón para que se encargase do mesmo.

Rescate dun veleiro noruegués á deriva en Cambados
Rescate dun veleiro noruegués á deriva en Cambados | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta