Por E.P. | OURENSE | 27/07/2020 | Actualizada ás 10:48
Un home de 65 anos faleceu na noite do domingo ao ser atropelado por un turismo cando camiñaba pola N-532, ao seu paso polo municipio ourensán de Verín.
Segundo informou este luns a Garda Civil, o suceso tivo lugar no punto quilométrico 10,20 ás 23,41 horas cando o home, que camiñaba sen pezas reflectoras, cruzou a citada vía. En concreto, trátase dun home de nacionalidade portuguesa, con identidade G.A.A, residente en Rebordeda, municipio de Vinhais (Portugal).
ACCIDENTE NA CORUÑA
Por outra banda, unha persoa tivo que ser excarcerada tras sufrir unha saída de vía e quedar atrapada no interior do seu vehículo nas inmediacións da Facultade de Arquitectura, na Coruña.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 21,30 horas, cando o vehículo caeu por un desnivel e provocou que o seu ocupante quedara atrapado. Ante iso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e avisouse tamén aos voluntarios de Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.