Estaba a economía galega en crise antes da chegada da covid-19?

Un informe desvela o esborrallamento do número de ampliacións de capital nas empresas galegas antes da chegada do estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Semana tras semana séguense a suceder nunha longa listaxe todos os indicadores económicos que dan proba dun esborrallamento substancial da economía, destrución que en moitos casos golpea a Galicia con máis forza que ó resto do Estado. Tal é o caso das cifras de ampliacións de capital en empresas, que en Galicia, no primeiro semestre do ano, caeron nun 42% con respecto á mesma etapa do ano anterior, segundo un informe de Axesor feito público este luns.

Un comercio pechado. EUROPA PRESS - Arquivo
Un comercio pechado. EUROPA PRESS - Arquivo

Este esborrallamento resulta de particular interese porque podería ser sintomático dun esgotamento da economía previo á xeralización da covid-19 nas nosas fronteiras, xa que os datos se corresponden con semanas previas á paralización da economía antes do estado de alarma. O retroceso galego é máis acusado que a media española (-33,7%), onde as ampliacións de capital baixan ata os 9.509 millóns de euros.

DATOS ESTATAIS

Por comunidades autónomas, só Estremadura (+26,95%), Murcia (+4,28%) e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla (+19,24%), pecharon o semestre con incrementos do volume de ampliación de capital. No lado contrario da táboa, Asturias (-66,99%) e A Rioxa (-57,02%) son as rexións onde máis se caeron os investimentos con respecto ao primeiro semestre de 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta