O PIB de Galicia creceu en 2019 menos que a media do Estado, segundo o INE

A taxa per cápita galega está 2.400 euros por baixo do conxunto do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia creceu un 1,9% en 2019, segundo a Contabilidade Rexional de España publicada este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE). A taxa galega de crecemento supón unha décima menos do incremento medio do país (+2%) e ocupa o sexto lugar entre comunidades.

No tocante ao PIB per cápita, Galicia (con 24.034 euros) está por baixo da media en máis de 2.400 euros (26.438). queda no décimo lugar entre autonomías. Navarra foi a comunidade que máis creceu en 2019, cun avance do seu PIB do 2,8%, seguida de Madrid (2,5%) e Comunidade Valenciana e Murcia (ambas as cun 2,3%).

Estas catro comunidades, xunto con Andalucía, cuxo PIB avanzou un 2,1% o ano pasado, creceron por encima da media estatal.

MENORES CRECEMENTOS

Pola contra, o menor crecemento do PIB en 2019 correspondeu a Castela e León, cun incremento do 1,1%, e ás cidades autónomas de Ceuta (+1%) e Melilla (+1,2%). Dos 19 territorios do Estado, 12 rexistraron o pasado ano crecementos do PIB superiores á media da UE-28, que foi do 1,5%.

Crecemento de PIB por comunidades en 2019. EPDATA
Crecemento de PIB por comunidades en 2019. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta