Bugallo tras o incendio dos Lumes do Apóstolo: "Ardeu maleza por anos sen limpar as leiras"

Celebra o ascenso da SD Compostela a Segunda División B e o "compromiso" dos monarcas españois coa capital galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago fai un balance "moi positivo" do novo formato dos Lumes do Apóstolo a pesar do incendio declarado nas inmediacións do parque Eugenio Granell, un do seis puntos de lanzamento dos proxectís.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns tras a xunta de goberno local, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que o incendio queimou "pura maleza resultado de varios anos sen limpar" nas leiras que se viron afectadas.

Segundo o rexedor, o lume non supuxo ningunha "ameaza" grazas a rápida intervención dos bombeiros, que formaban parte dun "amplísimo dispositivo de seguridade" dentro do seis puntos de lanzamento, dous menos dos previstos tras ser anulados por recomendación da Consellería do Medio Rural ante o alto risco de incendio.

Así as cousas, cre que o formato elixido este ano ofreceu "unha moi boa imaxe" e permitiu que o espectáculo pirotécnico puidera ser gozado en toda a cidade e non só para "as 3.000 persoas" que poderían facelo, en circunstancias normais, se os lumes se lanzaran desde o Obradoiro.

Lumes do Apóstolo 2020. CONCELLO DE SANTIAGO
Lumes do Apóstolo 2020. CONCELLO DE SANTIAGO

AGRADECEMENTO

Por outra banda, o alcalde santiagués agradeceu o "compromiso" dos reis coa cidade tras a súa participación na ofrenda ao Apóstolo do pasado sábado. Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local celebrada este luns, o rexedor compostelán mostrou a súa confianza en poder pechar a convocatoria do Real Padroado de Santiago antes de que conclúa 2020 para preparar o Xacobeo do próximo ano.

ASCENSO DA SD COMPOSTELA

Ademais, Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo ascenso da Sociedade Deportiva Compostela á Segunda División B de fútbol, un logro alcanzado o pasado sábado en Vigo e que pon fin a catro tempadas do club santiagués na Terceira División.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Manx

Ardeu porque lle prenderon lume coa pirotecnia, mongolo!

2 Xabrega

PsdelNoroesteP$o€...

1 Chalana

O Bugallo na súa habitual pose de Mexapilas Adulador Impenitente da Mornarquia, a Igrexa e a Patronal Pirotécnica ou calqueira outra, se for mester........quen llelo diria cando estaba no MCG!!!!.

1 Comunismo de salón

No MCE-MCG e algún da LCR foron colocándose. Uns fixeron negocio co PsoEspañol, outros coa sucursal do BNG e o intercambio de favores (como aquel de Monforte que asesora ao vice de Allariz, e este vicepresidente tiña unha irmá con negocios que era beneficiada pola irmá do de Monforte con mando na praza e na depuración clientelar de Lugo). Acontece que algúns só ollan unha parte dos que se venderon, e semella que foron moitos os corrompibles.