Dá positivo en COVID-19 o porteiro dun pub de Oleiros

A Consellería de Sanidade iniciou o rastrexo dos posibles contactos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/07/2020 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O porteiro dun local de lecer nocturno situado na localidade coruñesa de Oleiros deu positivo en COVID-19 e a Consellería de Sanidade iniciou o rastrexo dos posibles contactos.

Samoa Pub Cafetería
Samoa Pub Cafetería | Fonte: Google Maps.

Segundo fontes municipais, trátase do café-pub Samoa, situado en Santa Cruz. Ademais, o home tamén traballa noutros locais de lecer da Coruña.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade explicaron que se trata dun "caso illado" polo que non se considera que se trate dun brote.

Así mesmo, explicou que, do mesmo xeito que en todos os casos positivos, o Sergas activou un protocolo que inclúe o rastrexo dos posibles contactos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta