Interceptada en Ferrol unha embarcación que empregaba explosivos para pescar

Por E.P. | Ferrol | 27/07/2020 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

Unha patrulla do Seprona, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia, interceptou no Porto de Ferrol a unha embarcación de pesca profesional que utilizaba explosivos para a súa actividade.

Explosivos para pesca incautados
Explosivos para pesca incautados | Fonte: Garda Civil.

No transcurso do rexistro localizáronse varios artefactos explosivos adaptados para o seu uso na actividade pesqueira, polo que os tripulantes da embarcación foron denunciados por unha infracción "moi grave" á Lei de Pesca.

Ademais, para a pesca facían uso da arte denominada 'volantillas' fóra do horario permitido, dado que só se pode practicar durante o día. Procédese ao comiso dos artefactos explosivos así como da pesca obtida, da que se fai cargo o Servizo de Gardacostas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta