A Fura dels Baus contará con Cantigas e Agarimos para o seu espectáculo no Gaiás sobre a 'Nova Normalidade'

O espectáculo profunda na loita contra a pandemia e as súas consecuencias.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/07/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A Fura dels Baus contará coa participación da centenaria agrupación folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, 'NN (Nova Normalidade)', que profunda sobre a loita contra a pandemia e as súas consecuencias.

Espectáculo 'Nova Normalidade', da Fura dels Baus.. @XAVITORRENT
Espectáculo 'Nova Normalidade', da Fura dels Baus.. @XAVITORRENT | Fonte: Europa Press

A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá ás 21,00 horas o macroespectáculo, dirixido por Carlus Padrissa, e no que están implicados un cento de cantantes, bailaríns e actores. Entre eles, estarán máis dunha vintena de Cantigas e Agarimos.

'NN (Nova Normalidade)' toma como punto de partida a loita contra a COVID-19, trazando un paralelismo entre os sanitarios e científicos do momento actual e os exploradores que séculos atrás abriron novas rutas marítimas ata conectar todos os océanos e circunnavegar o planeta, demostrando que a Terra é esférica.

Con esta peza, A Fura capta ademais os retos da nova normalidade como un "berro unánime" para que a humanidade se una na consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. A proposta, que integra música, canto, actuación e performance, conta coa voz da soprano Alba Fernández Cano, e a música do guitarrista Pep Mendoza.

As entradas para asistir pódense comprar na web www.lafura.com a un prezo de 25 euros. Os ingresos pola venda de entradas corresponderán á Fura dels Baus, quen anunciou que destinará unha parte do que recade a colaborar con iniciativas de investigación e loita contra a COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta