Pontón ve necesarios "máis recursos" na sanidade para aplicar as medidas de control de turistas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considerou que, para aplicar as normas que se publicaron nas últimas horas no Diario Oficial de Galicia (DOG), incluído o seguimento e o rastrexo de datos, a Xunta ten que "dotar de medios" á sanidade pública.

Dito isto, expuxo que "quizais se necesitarían non nsolo recomendacións, senón normas máis estritas", posto que "estamos a ver que os rebrotes son unha realidade e as medidas que se están adoptando non están a ser suficientemente eficaces".

Así, e a preguntas dos medios este martes, Pontón suliñou que é "importante que as propias administracións e a Xunta poñan máis medios e recursos", co obxectivo de que "esas normas que aparecen no DOG se aplicar".

Os viaxeiros procedentes dun total de 136 países, incluído Portugal, e cinco comunidades autonómas --Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa-- están obrigados desde este martes a comunicar a súa chegada a Galicia.

Os que estivesen polo menos 14 días antes da súa chegada a Galicia nestes destinos, teñen que informar á Consellería de Sanidade a través de Internet (https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros) ou no número de teléfono 881002001.

A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, Galicia (España) a 22 de xuño de 2020.. ÁLVARO BALLESTEROS / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
A candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Xunta de Galicia, Ana Pontón, no Parlamento galego durante unha entrevista para Europa Press, en Santiago de Compostela, Galicia (España) a 22 de xuño de 2020.. ÁLVARO BALLESTEROS / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta