Premios da XXI Cata Oficial dos viños de Valdeorras

O pasado 10 de xullo foron avaliadas as mostras presentadas por 23 adegas amparadas pola D.O. Valdeorras e este venres, 31 de xullo, realizarase a entrega de galardóns.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 29/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Hotel Pazo do Castro, emprazado no Barco de Valdeorras, acolle este venres a partir das 21.00 horas o acto de entrega de premios da XXI Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Un evento no que teñen confirmada xa a súa presenza diferentes autoridades tales como Alfredo González, alcalde do Barco, ou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.

Cartel da cata
Cartel da cata

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras explica os motivos polos que este ano se decidiu facer un acto destas características: “tras os duros momentos vividos polo confinamento, celebrar a Feira do Viño en Viloira non parecía o máis convinte para evitar posibles contaxios e frear a propagación do virus. Por esta razón, pensamos en facer un acto máis pequeño e dimensionado que poña en valor o traballo realizado polos nosos adegueiros e viticultores, que foi declarado esencial durante a pandemia”.

23 adegas remitiron as mostras para seren avaliadas por oito catadores que pudieron degustalas: 28 de branco e 29 de tinto. Fixérono o pasado 10 de xullo nas instalacións do Consello Regulador. “A novidade con respecto a outros anos, foi que decidimos abrir a cata a todas as adegas da comarca”, salienta García Pando.

No acto de entrega de premios, no que participarán unhas 50 persoas e no que se adoptarán todas as medidas precisas para garantir o distanciamento social dos convidados, distinguiranse os tres mellores brancos e os tres mellores tintos do ano en Valdeorras e haberá unha mención especial para brancos e outra para tintos doutras añadas.

Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras o pasado 22 de xuño. Fonte: Prensa CRDOV
Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras o pasado 22 de xuño. Fonte: Prensa CRDOV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta