Temas: ACCIDENTE TREN

Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras

Circulaba pola liña Monforte-Ponferrada. Non se produciron danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 28/07/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Un tren de mercadorías que circulaba pola liña Monforte-Ponferrada sufriu un descarrilamento na tarde deste martes ao seu paso por Carballeda de Valdeorras. Aínda que non se produciron danos persoais, o sinistro obrigou a cortar a vía.

Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras
Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras | Fonte: Emerxencias Ourense.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 18,00 horas, cando catro dos 15 vagóns do convoi, que ían baleiros, descarrilaron. O maquinista, único ocupante, resultou ileso.

Ata a zona foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Valdeorras, Garda Civil e servizos sanitarios. Tamén foi informado Adif, que informou de que a liña se atopa cortada entre A Rúa-Petín e Ponferrada.

Este corte afectou, polo momento, a tres trens, segundo informa Renfe. Son o Alvia 626 entre Barcelona e A Coruña e o Rexional Express 12605 entre Ponferrada e Vigo, suprimidos en Ponferrada; e o Rexional Express 12608 Vigo-Ponferrada, suprimido na Rúa-Petín, cuxos pasaxeiros son transbordados por estrada ata destino.

Temas: ACCIDENTE TREN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta