Continúan activos dous grandes lumes en Quiroga e Monterrei

O primeiro queimou máis de 25 hectáreas afectadas, e o de Monterrei máis de 720 hectáreas tras comezar o pasado venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Os incendios forestais rexistrados nos municipios de Quiroga (Lugo), cunhas 25 hectáreas afectadas, e Monterrei (Ourense), con 720 hectáreas, permanecen controlados na mañá deste mércores.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, desde as 18,50 horas do martes está controlado o incendio que se orixinou ás 2,47 horas da madrugada dese día na parroquia de Enciñeira, en Quiroga.

As últimas estimacións cifran a superficie afectada en 25 hectáreas, das cales 10 son de arboledo e 15 de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse tres axente, 16 brigadas, cinco motombombas, unha pa, cinco helicópteros e tres avións.

Pola súa banda, tamén segue controlado desde as 11,52 horas do martes o incendio rexistrado na parroquia de Flariz, do municipio ourensán de Monterrei. A superficie afectada por este lume ascende ás 720 hectáreas, das que 450 son forestais (400 rasas e 50 arboredos) e as restantes 270 son agrícolas. Nos labores de extinción participaron catro técnicos, 33 axentes, 83 brigadas, 35 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e 12 avións, así como afectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CONTROLADOS DOUS INCENDIOS EN COTOBADE

Así mesmo, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería, tamén permanecen controlados dous incendios rexistrados o martes no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, onde se chegaron a producir sete focos, cinco dos cales xa extinguidos.

Os que están controlados son os que afectan á parroquia de Borela, con 2,45 hectáreas de arboledo, e o de Viascón, que queimou unhas 2,27 hectáreas.

Lume en Quiroga que afecta a paraxes dos Ancares
Lume en Quiroga que afecta a paraxes dos Ancares | Fonte: Remitida- Carlos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta