Denuncian que a Xunta mentiu na catalogación dunha presa mineira para evitarlle á concesionaria a limpeza da zona

Un informe encargado pola Consellería de Industria tería catalogado a presa mineira de San Finx como de uso veciñal para que a empresa responsable non tivera que facerse cargo do seu desmantelamento.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A Xunta decretou que unha presa de residuos mineiros construída cun dique de contención de lodos de 50 metros de cumprimento e 14 metros de altura servía para moer millo co obxectivo de que a empresa responsable da estrutura non tivera que facerse cargo dela. Esa é a denuncia da rede ContraMINAcción, que vén de calificar de “esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante na Xunta” o ditame elaborado pola Dirección Xeral de minas.

Fotograma do documentario San Finx, 1960, de Irene Pin
Fotograma do documentario San Finx, 1960, de Irene Pin

O informe en cuestión, no que se vencella á presa cun pequeno muíño da zona, foi elaborado pola enxeñeira técnica de minas Olga Barreira Sevillano, funcionaria do departamento que dirixe Ángel Bernardo Tahoces, que fora xa imputado precisamente por deixar estas presas mineiras fóra do proxecto de restauración que aprobou en 2009 sen trámite ambiental algún, segundo apuntan dende a organización denunciante. 

Tamén segundo as mesmas fontes, o informe foi encargado por “orde verbal” do Xefe Territorial da Consellería de Industria na Coruña, Isidoro Martínez Arca, co propósito de remitilo a Augas de Galicia, que xa determinara o ano pasado que se trataba de presas de residuos mineiros e pretendía obrigar á empresa ao seu desmantelamento e restauración da zona.

CARGOS IMPUTADOS POR "MENTIR"

Segundo os colectivos integrantes de ContraMINAcción, trátase dunha "tentativa desesperada de evitar tanto a responsabilidade da concesionaria mineira", unha filial de Valoriza Minería (Grupo Sacyr), como dunha "escapada cara adiante por parte dos propios funcionarios e autoridades agora imputados por mentir reiteradamente en documentos públicos relativos ás presas mineiras". Os colectivos indican que é "sobradamente coñecido" que o maior dos depósitos mineiros fora construído pola mina en 1939 e que protagonizou o chamado “Desastre de 1960” trás a rotura das súas comportas (como recolle o documental “San Finx 1960”).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Moine

Seguro que nessa bisbarra existe um grande fato de gente que vota PP. A esses deveria-se reclamar pola desfeita.

1 Recuna

Incorrecto. Os funcionarios que asinan deben ser denunciados ante a xustiza para acabar coa impunidade. Os votantes do PP son irrelevantes à hora de perseguir delitos penais, que consentimos cando obviamos o noso deber de denunciar. Non podemos seguir deixando pasar por alto a corrupción sistemática do PP. Do contrario, máis maiorias absolutas. O BNG debe facer valer os seus deputados non só no parlamento, tanén nos tribunais. Hai que acabar coa impunidade.