A economía galega cae un 20% en maio, un descenso menor que abril, segundo o Foro Económico

O Foro confía en que o comportamento da economía galega sexa "claramente" mellor en xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A economía galega caeu en maio un 20% respecto ao mesmo mes de 2019 debido ao impacto do coronavirus, segundo os cálculos feitos públicos este mércores polo Foro Económico de Galicia.

Con todo, este descenso da actividade económica foi "significativamente menor" en maio que en abril, mes no que o esborralle chegou a supor o 34,5%, segundo o Indicador Abanca-Foro. Este informe achaca esta melloría relativa a que en maio houbo un levantamento parcial do confinamento con entrada en novas fases de desescalada.

Nestes datos ten especial incidencia o "derrube" que sofre o turismo en Galicia, cunha baixada da 80% fronte ao quinto mes do ano anterior. O Foro confía en que o comportamento da economía galega sexa "claramente" mellor en xuño, aínda que o segundo trimestre padecerá un retroceso "máis acusado" que o 3,6% de diminución do PIB do primeiros tres meses.

Exportacións
Exportacións

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta