Só un presunto incendiario detido no que vai de ano

Losada sinala como obxectivo "apoiar" á Xunta na loita contra os incendios e destaca que hai 27 investigacións abertas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Os medios despregados polos ministerios de Defensa, Interior e Transición Ecolóxica en Galicia realizaron no que vai de ano máis de 100 intervencións en incendios forestais con máis de 1.000 descargas por parte dos medios aéreos, que suman unhas 300 horas de voo na extinción duns 40 lumes na comunidade.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, fixo balance da participación dos efectivos estatais na campaña de incendios na que colaboran cos medios da Adminstración autonómica. Neste sentido, sinalou que no que vai de 2020 unha persoa foi detida como presunto autor dun incendio. Así mesmo, están en curso por parte da Garda Civil e a Policía Nacional un total de 27 investigacións relacionadas con lumes forestais ao longo deste ano.

O delegado do Goberno, Javier Losada, visita un avión anfibio contra incendios no aeródromo militar de Santiago
O delegado do Goberno, Javier Losada, visita un avión anfibio contra incendios no aeródromo militar de Santiago | Fonte: Europa Press

Losada visitou este martes o aeródromo militar de Lavacolla, en Santiago de Compotela, que serve de base para os medios do destacamento de extinción de incendios forestais do 43 Grupo de Forzas Áreas do Exército do Aire, que pertencen ao Ministerio de Defensa en coordinación co departamento de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

O delegado coñeceu o avión anfibio de gran capacidade despregado en Santiago, ao que se unirá unha nave de similares características a partir do próximo 15 de agosto. En declaracións aos pés da aeronave, Losada sinalou que o Goberno pretende "dar seguridade" aos galegos coa posta en servizo "do material, persoal e medias" que permitan reforzar a loita contra o lume que exercen, en virtude das súas competencias, a comunidade autónomas.

Tras destacar "o traballo e gran profesionalidade" do Exército do Aire e o seu persoal, o delegado informou que a Administración central destina "uns 3.000 funcionarios" que se dedican a tarefas de prevención, investigación e apoio ás brigadas da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta