A delegación do Goberno mostra o seu apoio ao rexistro de viaxeiros da Xunta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mostrou o seu apoio ao rexistro de viaxeiros creado pola Xunta para as persoas que procedan de países e comunidades con alta incidencia do virus.

A preguntas dos medios este mércores na súa visita ao aeródromo militar de Santiago, Losada manifestou que "todas as medidas" que poña en marcha a Xunta como autoridade para o control da pandemia en Galicia contará co "apoio" do Executivo central.

"Todas as decisións, esta como outra, son sempre para buscar o maior beneficio para a saúde", incidiu Losada, que defendeu a "idoneidade" do estado de alarma durante os pasados meses como mecanismo para facer fronte á emerxencia sanitaria.

"Sen estado de alarma sempre hai máis complicacións", manifestou o delegado, que amosou "todo" o apoio do Executivo ás medidas que adopte a Xunta. "Se eles o cren correcto, ben feito está", engadiu.

O delegado do Goberno, Javier Losada, intervén ante a prensa en Santiago de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo
O delegado do Goberno, Javier Losada, intervén ante a prensa en Santiago de Compostela. DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta