A Xunta recoñece os malos datos do turismo pero evita facer autocrítica

O Conselleiro de Cultura e Turismo fala dun verán "tremendamente complexo" por razóns "absolutamente alleas a todos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2020 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, sinalou este mércores que "os datos estatísticos do turismo en Galicia non son os que lle gustarían a ninguén, nin á Administración nin aos profesionais do sector", dada a situación derivada da pandemia da COVID-19 que fai deste verán un escenario "tremendamente complexo" por "razóns absolutamente alleas a todos".

Así o dixo antes da súa visita ás novas instalacións do Museo Arqueolóxico de Ourense, situado no antigo convento de San Francisco, coincidindo coa primeira xornada de portas abertas.

En concreto, o conselleiro lembrou que os datos son "moi volátiles e oscilan dun día para outro", por tanto é "difícil de cuantificar" o impacto que a crise sanitaria puido ocasionar no sector. No entanto, explicou, "nalgúns destinos fálase do 30% de ocupación hoteleira nestes momentos, mentres que outros xa a establecen no 50% para o mes de agosto", especificou Román Rodríguez.

Terrazas a medio encher. EUROPA PRESS - Arquivo
Terrazas a medio encher. EUROPA PRESS - Arquivo

DIFERENCIAS ENTRE O LITORAL E O INTERIOR

En todo caso, apunta o Concelleiro, "as cifras son dispares en Galicia" e existen zonas con "unha boa dinámica e limiares de ocupación positivos, fronte a outras que non tanto". En concreto, o conselleiro aclarou que "o turismo litoral e rural interior crece a bo ritmo dentro do contexto actual, mentres que o turismo urbano atópase un pouco máis débil".

No entanto, Román Rodríguez fixo fincapé en que "grazas á demanda nacional e á tradición do modelo turístico galego, a Comunidade Autónoma está a ter una certa actividade para tentar manter as estruturas empresariais vivas neste momento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Realpolitik

Xacobeo, Xacobeo, Xacobeo...